CALIFICACIÓN/AVALIACIÓN

CRITERIOS DE CALIFICACIÓN
3º/4º CURSO DA ESO

O peso na cualificación de todos os puntos avaliados serán os seguintes: 
  • 70% probas escritas. Sempre se marcarán e correxirán, as faltas ortográficas nos exámes e traballos escritos, penalizando 0,05 puntos por cada falta.
  • 10% Chamadas na aula (resolución de traballos, deberes na aula e laboratorio...)
  • 10% Portfolio (puntualidade nas actividades, presentación, orden, correccións, esquemas e resúmes)
  • 10% Traballo na aula e laboratorio (atención, interese e participación).
Cada un deses conceptos se valorara de 0 a 10.

A nota da avaliación do alumno obterase obtendo a media aritmética ponderada empregando os pesos descritos. Para poder ter unha avaliación positiva, tras calcular a media final esta terá que ser igual ou superior a 5. 

No que atinxe a nota final do curso, Xuño, será a media aritmética das tres avaliacións, axustando ao número enteiro máis próximo por redondeo.

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN


En todas as avaliacións realizarase unha serie de probas escritas para poder avaliar os contidos aprendidos polo alumno/a. Faranse un mínimo de una proba escrita por unidade e otra final da avaliación (de todas as unidades dadas na avaliación) onde se lles plantexará aos alumnos unha serie de cuestións sobre a materia. Estas probas escritas farán media ponderada e terán posteriormente un peso na nota da avaliación.

Ademais de terse en conta estas probas para poder cualificar aos alumnos, se cualificará o traballo diario na aula e no laboratorio, a realización de actividades diarias na casa (caderno persoal do alumno).

A notas de avaliación serán o resultado de aplicar os anteriores criterios de cualificación, sendo a cualificación positiva si se acada como mínimo 5 puntos.

O longo do curso realizaranse unha serie de recuperacións: Unha recuperación por avaliación mediante unha proba escrita da mesma materia, na 2ª semana do seguinte trimestre (para a 1ª e 2ª avaliación). Esta proba avaliarase de 0 a 10 puntos, sendo 5 puntos o mínimo considerado positivo. Nestas recuperacións ademais dunha proba escrita avaliarase o traballo persoal no caderno do alumno, sendo requisito indispensable para superar a recuperación obter unha nota igual ou superior a 5.

A final do curso realizarase, unha recuperación sobre contidos mínimos de tódalas avaliacións non superadas anteriormente (1ª, 2ª e 3º). Esta proba avaliarase de 0 a 10 puntos, sendo 5 puntos o mínimo considerado positivo. Nestas recuperacións, ademais dunha proba escrita avaliarase o caderno do alumno, sendo requisito indispensable para superar a recuperación obter unha nota igual ou superior a 5.

No que atinxe a nota da terceira avaliación, será a media aritmética das tres avaliacións, axustando ao número enteiro máis próximo por redondeo. Esta nota corresponderase coa nota final do curso en XUÑO.

Os alumnos que non superen a materia en xuño terán que se presentar á convocatoria extraordinaria de setembro, no que se avaliará mediante unha proba escrita os contidos mínimos. Esta proba avaliarase de 0 a 10 puntos, tendo a avaliación positiva o alumno que acade unha nota igual ou superior a 5. A nota da convocatoria será o número enteiro máis cercano ou resultado do exame.

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN


INSTRUMENTOS ACTITUDINAIS:
  • Asistencia a clase.
  • Puntualidade das entradas e saídas da clase como entrega do traballos.
  • Libro e caderno na aula e bata no laboratorio.
  • Traballo persoal (caderno): Actividades, resúmenos e esquemas.Presentación, orden e correccións.
  • Traballo en grupo: Rigor e orden nas actividades do laboratorio.
  • Atención na aula e no laboratorio.
  • Interese pola signatura.
  • Participación nas actividades que se realicen na aula e no laboratorio.
INSTRUMENTOS COGNITIVOS:
  • Preguntas na aula.
  • Comprensión e razoamento.
  • Resolucións das actividades.
  • Realización das prácticas de laboratorio.
  • Probas escritas: Controles, avaliacións e recuperación.

ShareThis