CONTIDOS MÍNIMOS

Nesta páxina figuran os contidos mínimos relativos a asignatura de 3º e 4º da ESO.

CONTIDOS MÍNIMOS 3 ESO:


Bloque 1. Contidos comúns.
  • Busca, selección e valoración crítica de información de carácter científico utilizando as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes.
  • Asimilar as diferenzas sociais derivadas da desigual repartición da riqueza no mundo, que provoca unhas condicións de enorme desvantaxe en aspectos de saúde e ambiente dos países pobres con respecto aos ricos.
Bloque 2. As persoas e a saúde.

A saúde e a enfermidade.
  • Identificación dos niveis de organización do corpo humano: aparellos, sistemas, órganos, tecidos e células.
  • Identificación dos factores que condicionan a saúde e a enfermidade. Importancia dos hábitos de vida saudable e o coñecemento dos factores de risco.
  • Coñecemento de varios tipos de enfermidades: conxénitas, hereditarias, crónicas, deficitarias e infecciosas (tipos de seres vivos que as provocan).
  • Recoñecemento da actuación do sistema inmunitario nun caso concreto (a gripe,unha enfermidade bacteriana, as alerxias...). Valoración da aplicación das vacinas.

Sexualidade e reprodución humana.
  • Diferenciación entre sexualidade e reprodución. Valoración dos cambios físicos e psíquicos na adolescencia.Métodos anticonceptivos.
  • Caracterización dos aparellos reprodutores masculino e feminino así como dos gametos, óvulo e espermatozoide.
  • A preparación do útero para a fecundación: o ciclo menstrual. Identificación da fecundación, embarazo e parto cunha breve aproximación ao embrión e ao feto. Recoñecemento e valoración dos novos métodos de reprodución asistida.
  • Procura e selección de información sobre as enfermidades de transmisión sexual e valoración da saúde e hixiene sexual.

Alimentación e nutrición humanas.
  • Diferenciación entre alimento e nutriente recoñecendo os principios inmediatos necesarios para o ser humano: proteínas, glícidos, graxas, sales minerais,vitaminas e auga.
  • Recoñecemento dos pasos que segue o alimento desde que se inxire ata que se absorbe no aparello dixestivo.
  • Coñecemento do papel que desempeñan os aparellos: o respiratorio e a ventilación pulmonar; o circulatorio e a circulación; o excretor e a formación da urina e a excreción no proceso xeral de nutrición.
  • Análise de dietas e hábitos saudables na alimentación, destacando a importancia dunha dieta equilibrada. Identificación das principais enfermidades e trastornos da conduta alimentaria.

As funcións de relación: percepción, coordinación e movemento.
  • Identificación dos mecanismos de resposta do ser humano ante un estímulo: órganos dos sentidos, sistema nervioso e aparello locomotor.
  • Coñecemento do papel do sistema endócrino e as hormonas.
  • Análise da súa relación co uso das substancias aditivas, alcohol, tabaco,estupefacientes.

Bloque 3. As persoas e o ambiente.

O ser humano e o medio.

  • Análise e valoración do uso cotián de recursos básicos (produción e consumo de enerxía, o uso da auga e do aire) e a produción de residuos e o seu tratamento.

Bloque 4. Transformacións xeolóxicas debidas á enerxía externa.

A actividade xeolóxica externa do planeta.

  • Análise da paisaxe como resultado da acción conxunta dos fenómenos naturais e a intervención humana. Uso de mapas topográficos sinxelos para a súa lectura e interpretación.
  • Identificación do papel dos axentes internos na formación do relevo.
  • A orixe do carbón, o petróleo e o gas natural, e valoración do seu uso e esgotamento.

CONTIDOS MÍNIMOS 4 ESO


Bloque1. Contidos comúns
  • Valoración das achegas das ciencias da natureza para lles dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora.
  • Xustificación de decisións persoais verbo de problemas reais do seu contorno que aseguren un desenvolvemento sustentable e da modificación de hábitos de conduta que promovan a saúde persoal e comunitaria.
  • Contribución do desenvolvemento científico e tecnolóxico á resolución dos problemas.
  • Importancia da aplicación do principio de precaución e da participación cidadá na toma

Bloque 2. A Terra, un planeta en continuo cambio.

A historia da Terra.
  • Recoñecemento do proceso de fosilización. Identificación dos fósiles máis importantes en cada etapa.
  • Utilización dos fósiles como indicadores das características dos ambientes e climas do pasado.
  • Identificación das eras xeolóxicas e situación dos fenómenos xeolóxicos e biolóxicos máis relevantes que aconteceron en cada unha.

A tectónica de placas e as súas manifestacións.

  • Localización e análise da distribución dos volcáns, terremotos, cordilleiras, dorsais e fosas oceánicas.
  • Coñecemento do fenómeno da expansión do fondo oceánico, a súa relación co volume constante da Terra e co modelo dinámico da estrutura interna da Terra.
  • Recoñecemento das placas litosféricas principais e os seus límites.
  • Análise das interaccións entre os procesos xeolóxicos internos e externos, a formación das montañas, os seus tipos e os procesos xeolóxicos asociados, magmatismo e metamorfismo, que completan o ciclo das rochas.

Bloque 3. A vida no planeta.

A célula, unidade de vida.
  • Recoñecemento da célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos.
  • Caracterización dos diversos tipos de células: procariotas, eucariotas; vexetais e animais. Recoñecemento dos principais orgánulos.
  • Identificación do material hereditario no seu contexto celular: cromatina e cromosomas.
  • Caracterización dos procesos de división celular: mitose e meiose.

A herdanza e a transmisión dos caracteres.

Xenética mendeliana:

  • Recoñecemento e análise das achegas de Mendel e as súas leis da herdanza destacando a extracción de conclusións a partir do tratamento estatístico dos datos.
Xenética molecular:
  • Aproximación ao concepto de xene como unidade portadora da información xenética. Recoñecemento do ADN como constituínte molecular do xene, coñecemento do código xenético e das mutacións e a súa relación coa expresión proteica.
  • Identificación do cromosoma como forma de organización dos xenes e coñecemento do xenoma, o xenotipo e o fenotipo.
Xenética humana:
  • Aproximación á xenética humana, análise da herdanza de caracteres sinxelos.
  • Coñecemento e valoración das aplicacións e repercusións da enxeñaría xenética: os alimentos transxénicos, a clonación, o xenoma humano e a terapia xénica.
  • Valoración das implicacións ecolóxicas, sociais e éticas dos avances biotecnolóxicos.

Orixe e evolución dos seres vivos
  • Análise dalgunhas teorías sobre a orixe da vida na Terra e a evolución dos seres vivos: teorías fixistas e evolucionistas.
  • Identificación e análise de datos que apoian a teoría da evolución das especies. Recoñecemento da aparición e a extinción das especies.
  • Comparación entre as teorías de Lamarck e de Darwin.

Bloque 4. As transformacións nos ecosistemas

 A dinámica dos ecosistemas.
  • Construción e identificación de cadeas e redes tróficas no ecosistema como exemplo de dinámica e interacción. Interpretación de pirámides ecolóxicas.
  • Análise do ciclo da materia e o fluxo de enerxía nos ecosistemas naturais. Idea de ciclo bioxeoquímico.
  • Recoñecemento e valoración da formación e destrución do solo, do impacto dos incendios forestais, das especies invasoras e a súa relación coa evolución e a sucesión no ecosistema. Constatación da modificacións dos ambientes polos seres vivos e valoración da intervención humana.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

ShareThis